Heredeiros da Crus prescriben ‘Trankimasin’ unha dose revitalizante de rock en estado puro.

A banda de rock en galego máis icónica de todos os tempos, regresa con ‘Trankimasin’, unha colección de 12 comprimidos recetados en caso de deficiencia sanguínea de rock setentero e sempre baixo a estricta supervisión médica dos ‘máis jrandes’. A composición destas pastillas vai desde a irreverencia ata a retranca sempre misturados con alta dose de guitarras electrizantes e moitos miligramos do seu excipiente segredo: o ferro da súa base tractora demoledora.

A singularidade de ‘Trankimasin’ tamén reside no seu proceso de creación. A banda gravou este traballo a cabalo entre os emblemáticos estudios Strongroom de Londres, coñecidos por albergar a gravacións de artistas como Radiohead, Oasis e Arctic Monkeys, e os estudios Nakra de A Coruña, achegando un toque especializado e auténtico. A produción correu a cargo de Iago Lorenzo, un colaborador de confianza que xa traballara co grupo en proxectos anteriores. A gravación tivo lugar durante o último trimestre de 2024, prometendo un son coidadosamente elaborado e cheo de matices.

Tras o lanzamento do seu primeiro sinxelo, «Convensido», en Noiteboa, Heredeiros da Crus sorprendeu co tema «De-Nunzia-nos», un claro exemplo do seu son inconfundible, que mestura humor e retranca, características definitorias da banda. «Trankimasin» reafirma a capacidade do grupo para innovar, ofrecendo frescura sen comprometer as raíces que os converteron en iconas da música galega.

Próximos Eventos:

  • Resurrection Fest: Xuño de 2025
  • Silfest: Xullo de 2025
  • Fenerock: Setembro de 2025
  • Revenidas: Setembro de 2025
logotipos del kit digital